DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15340

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das bases reguladoras da convocatoria pública para a provisión definitiva do posto de xefa/e de seguridade mediante o sistema de concurso específico (expediente 2007/1102).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 19, do 29 de xaneiro de 2026, publicáronse as bases reitoras do concurso específico para a provisión do posto de xefa/e de seguridade.

Consonte o establecido na base segunda, o prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo e na sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 29 de xaneiro de 2026

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación,Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e
Acordo da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal