A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante as resolucións do 9 de decembro de 2025, do 10 de decembro de 2025 e do 11 de decembro de 2025, nomeou persoal funcionario de carreira deste concello a:
– Silvia Gómez Otero, con DNI ***7940**, para ocupar unha praza de aparelladora-arquitecta técnica da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
– María del Carmen Moldes García, con DNI ***7752**, para ocupar unha praza de técnica auxiliar de proxectos da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
– Noemí López Avión, con DNI ***9631**, para ocupar unha praza de administrativa da escala de Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
– José Carlos Solla Loureiro, con DNI ***1736**, para ocupar unha praza de operario da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo de agrupacións profesionais (AP), por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
– Ricardo Sande Rodríguez, con DNI ***5679**, para ocupar unha praza de operario da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo de AP, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpor as persoas interesadas ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante a Sección do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, as persoas interesadas tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 2026
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
