DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 26 de febreiro de 2026 Páx. 15336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións no medio rural, Montemaior (2023/U035/000001).

Na sesión ordinaria do 31 de xullo de 2025, o Pleno municipal

ACORDOU:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións no medio rural. Montemaior, concello da Laracha, asinado polo arquitecto Manuel Borobio Sánchiz. Arquitecto urbanista (Abtemas, S.L.) e Melania Payán Pérez. Ciencias Ambientais (Yukti, S.L.), con pegada dixital o documento en pdf

A996347EA3BCB0128ECC3E64556E85C336BFE36C6FF236618D2737DA6DB6B3Ch, coas modificacións resultantes dos informes emitidos.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva. Igualmente, xunto coa publicación deste acordo publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan ao dispor do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, e anexar un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

O contido íntegro do plan estará á disposición do público na sede electrónica (artigos 82.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia (LSG), e 199.2 do Regulamento da Lei do solo (LSG).

As medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan están recollidas no documento 15041_PEID_FGS_202507_AD_07AAE_01DAE.

O presente plan parcial é unha disposición xeral polo que contra el poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición, sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente.

A Laracha, 3 de febreiro de 2026

José Manuel Varela López
Alcalde