De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación do Acordo emitido pola Presidencia o 13 de febreiro de 2026, anúnciase, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web https://portosdegalicia.gal, sección Comunicacións e avisos, epígrafe Alleamento de embarcacións, o inicio do expediente para a venda directa da embarcación Mourelos, con matrícula 3ª-VILL-4-1-01, incautada por Portos de Galicia e varada na actualidade no porto de Tragove (Cambados).
O acordo de incoación, as bases aplicables cos seus anexos, en que se informa sobre a forma de presentación de ofertas e a taxación da embarcación, poderán ser consultados e descargados a través da paxina web https://portosdegalicia.gal, sección Comunicacións e avisos, epígrafe Alleamento de embarcacións.
O prazo máximo para presentar proposicións de compra será de 10 días hábiles, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
