De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase á persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias, en primeira adxudicación, de vinte e catro vivendas de protección oficial de promoción pública no concello de Santiago de Compostela (expediente C-2021/020-Virxe Branca), iniciado pola Resolución do 25 de abril de 2025.
O acto foi adoptado polo secretario da Comisión Provincial de Vivenda do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 9 de febreiro de 2026
Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña
ANEXO
|
Expediente/credencial |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto de notificación |
|
117918 |
35577995P |
Trámite de audiencia |
