DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente INC-CO-0127-2025 IPR.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 9 de febreiro de 2026

Mª Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

Anexo

Expediente: INC-CO-0127-2025 IPR.

DNI da persoa denunciada: 47362669B.

Acto de notificación: proposta de resolución.