DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se empraza a varias persoas para ser notificadas por comparecencia (expediente 2024-IPPC-I-165).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia no procedemento de autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria da planta de valorización de residuos para produción de adicións de uso industrial promovida por Euroash Recycling Corporation, S.L., no concello de Arteixo, A Coruña.

A comparecencia para coñecer o contido integro de dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026

María José Echeverría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

2024-IPPC-I-165

Pablo Facal Gerpe

Requirimento de acreditación da condición de persoa interesada no procedemento

2024-IPPC-I-165

Pamela Jacome Martínez

Requirimento de acreditación da condición de persoa interesada no procedemento

2024-IPPC-I-165

Jorge Pablo Porteón Rodríguez

Requirimento de acreditación da condición de persoa interesada no procedemento

2024-IPPC-I-165

Patricia Cruz Zapata

Requirimento de acreditación da condición de persoa interesada no procedemento