DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se extingue a autorización ambiental integrada outorgada a Digoín, S.L. para a planta de lacado e recubrimento de superficies metálicas situada en San Cibrao das Viñas (Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de lacado e recubrimento de superficies metálicas

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Digoín, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2007/0069_NAA/IPPC_180

Localización: concello de San Cibrao das Viñas (Ourense)

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, (empregando o código de busca: 2007/0069) ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade