DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: instalación de cincado, chorreado e lacado de pezas metálicas

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Cingalsa, S.L.

Núm. rexistro da AAI: 2008/0265_NAA/IPPC_236

Localización: concello de Santiago de Compostela (A Coruña)

Expediente: 2025-IPPC-M-56

Instalación: planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Financiera Maderera, S.A.

Núm. rexistro da AAI: 2006/0375_NAA/IPPC_079

Localización: Rábade e Begonte (Lugo)

Expediente: 2025-IPPC-M-68

Instalación: instalacións para a fabricación de paneis e portas de aluminio

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Aluporta, S.L.

Expediente: 2024-IPPC-M-23

Situación: concello do Porriño (Pontevedra)

Núm. rexistro da AAI: 2006/0246_NAA/IPCC_034

Instalación: fábrica de conservas de

peixe na Baiuca

Procedemento: modificación do plan de vixilancia ambiental (PVA)

Titular: Escurís, S.L.

Número rexistro da AAI: 2006/0379_NAA/IPPC_061

Localización: A Baiuca, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Estas resolucións poderán consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade