De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relaciona no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación dos actos administrativos de citación ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican as ditas persoas interesadas, por sí ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivo das actuacións logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.
A Coruña, 30 de xaneiro de 2026
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2024/6446-1 |
32749015M |
Citación para o recoñecemento |
2.1.2026 |
|
2025/5358-1 |
32841661F |
Citación para o recoñecemento |
2.1.2026 |
|
2023/5273-1 |
52430592E |
Citación para o recoñecemento |
9.1.2026 |
|
2024/1558-1 |
32398966Q |
Citación para o recoñecemento |
2.1.2026 |
