Con data do 2 de febreiro de 2026, na sede social da cooperativa, con domicilio en Centro de Procesado Avícola (CPA), s/n, Santa Cruz de Arrabaldo, 32990, Ourense, adoptáronse por unanimidade, en sesión universal da asemblea xeral extraordinaria, os seguintes acordos:
1. A liquidación e extinción da sociedade cooperativa.
2. A aprobación do balance final de liquidación e do proxecto de distribución do activo da cooperativa.
O balance final da cooperativa queda como segue:
|
Activo |
Importe |
|
Tesouraría |
21.000,00 |
|
Patrimonio neto |
Importe |
|
Capital |
21.000,00 |
|
Pasivo |
Importe |
|
- |
- |
O proxecto de distribución do activo queda da seguinte forma:
Correspóndelles o reintegro dunha cota de liquidación de mil cincocentos euros (1.500,00 €) a cada un dos catorce socios, que será efectuada, unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 94 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, mediante transferencia bancaria á conta indicada por cada un deles.
A documentación social relativa a estes acordos pódese consultar no domicilio social da cooperativa. O que se comunica para o xeral coñecemento dos interesados en virtude do disposto nos artigos 89 ao 95 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.
Ourense, 2 de febreiro de 2026
Emilio Rial Páis
Celso Gómez Valencia
José Ramón Ramos López
Liquidadores da Cooperativa Antioquia, S. Coop. Galega, en liquidación
