DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15735

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas de Acevedo-Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Fernando Castellano Lusquiños, con DNI ***2878**, actuando como presidente da Comunidade de Augas de Acevedo-Pontevedra, convoca para o 22 de marzo de 2026, debaixo da placa de Francisco Lusquiños Reguera, sita entre as vivendas 11 e 12 (Acevedo-Pontevedra), ás 10.30 en primeira convocatoria e ás 11.00 en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura da acta anterior.

2. Informe do presidente: obras executadas en 2025, actuacións pendentes e obras para executar en 2026.

3. Presentación de contas de 2025.

4. Renovación parcial da Directiva.

5. Altas, baixas e cambios de titularidade de usuarios.

6. Autorización á Xunta Directiva para a petición de subvencións en nome da comunidade.

7. Rogos e preguntas.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2026

Fernando Castellano Lusquiños
Presidente da Comunidade de Augas de Acevedo-Pontevedra