DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15733

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cooperativa Gallega de Criadores y Productores de Conejos, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO de liquidación e extinción da cooperativa.

Con data do 2 de febreiro de 2026, na sede social da cooperativa, con domicilio en Centro de Procesado Avícola (CPA), s/n, Santa Cruz de Arrabaldo, 32990, Ourense, adoptáronse por unanimidade, en sesión universal da asemblea xeral extraordinaria, os seguintes acordos:

1. A liquidación e extinción da sociedade cooperativa.

2. A aprobación do balance final de liquidación e do proxecto de distribución do activo da cooperativa.

O balance final da cooperativa queda como segue:

Activo

Importe

Clientes

225,39

Patrimonio neto

Importe

Capital (achega estatutaria)

225,39

Pasivo

Importe

-

-

O proxecto de distribución do activo queda da seguinte forma:

Correspóndelles o reintegro dunha cota de liquidación de setenta e cinco euros con trece céntimos (75,13 €) a cada un dos tres socios, que será efectuada, unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 94 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, mediante a adxudicación parcial do dereito de crédito que a cooperativa ten fronte a un dos clientes por importe de douscentos vinte e cinco euros con trinta e nove céntimos (225,39 €).

A documentación social relativa a estes acordos pódese consultar no domicilio social da cooperativa. O que se comunica para o xeral coñecemento dos interesados en virtude do disposto nos artigos 89 ao 95 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

Ourense, 2 de febreiro de 2026

Juan Conde González
Manuel Grande Casares
Juan Antonio Gómez Fuentes
Liquidadores de Cooperativa Gallega de Criadores
y Productores de Conejos, S. Coop. Galega