A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística con data do 16 de setembro de 2026 ditou a resolución pola que se aproba a liquidación definitiva dos gastos de execución subsidiaria á persoa titular do documento nacional de identidade número 33811294Y expediente SIL-83-2012.
Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
