DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2026, da Área Provincial de Turismo da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento TU986D, competencia desta área provincial.

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) da resolución ditada polo director da Axencia de Turismo de Galicia no enderezo da persoa interesada sen que esta se puidese realizar, notifícaselle a resolución á persoa citada no anexo, que é emprazada para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou por medio dunha persoa debidamente acreditada, na Área Provincial de Turismo da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2-2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírtese que, de non comparecer, se considerará notificada.

Contra a resolución que se notifica neste acto poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 9 de febreiro de 2026

Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: vivenda de uso turístico.

Titular: Joaquín Ramón Toba Blanco.

Enderezo: Edificio Montemar, 1-2º.

Concello: 15607 Pontedeume.