DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15640

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2026 pola que se nomean funcionarios de corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións de selección nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados polas resolucións do 14 de outubro de 2025 (BOE do 27 de outubro) e acreditados polas persoas interesadas os requisitos exixidos pola lexislación vixente para seren nomeadas funcionarias para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

Este reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante este reitorado no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 9 de febreiro de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado

ANEXO

Nome e apelidos

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Núm. praza

Francisco Javier Nóvoa Manuel

Profesor titular de universidade

Enxeñaría Telemática

Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información

25/012

Iván de Rosende Celeiro

Profesor titular de universidade

Enfermaría

Ciencias da Saúde

25/014