DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15642

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2026 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Didáctica e Organización Escolar.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 14 de outubro de 2025 (BOE do 27 de outubro), para a provisión da praza número 25/023 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Didáctica e Organización Escolar, departamento de Pedagoxía e Didáctica desta universidade, a favor de María Monstserrat Castro Rodríguez, con DNI núm. ***2730**, unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta Reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Monstserrat Castro Rodríguez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de Didáctica e Organización Escolar, departamento de Pedagoxía e Didáctica desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta Reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de febreiro de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado da Universidade da Coruña