DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15719

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle na avenida José Costa Alonso.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Moaña, na sesión ordinaria do 3 de novembro de 2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado estudo de detalle na avenida José Costa Alonso, promovido por Begoña Caamaño Santos, e redactado polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas e Amador Rey Camiño, que ten por obxecto completar e homoxeneizar toda a fachada marítima e reaxustar a liña de servidume do dominio marítimo-terrestre á aliñación que establece o PXOM para as parcelas coas referencias catastrais nº 1705701NG2810N, 1705702NG2810N, 1705703NG2810N, 1705704NG2810N, 1705705NG2810N e 1705706NG2810N.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante ese prazo calquera persoa poderá examinalo e formular as alegacións que considere oportunas.

A documentación estará á disposición no Portal de Transparencia do Concello de Moaña (Indicador 6.1. Urbanismo, Obras Públicas e Ambiente/Planeamento Urbanístico), ao que se accede a través da sede electrónica do Concello de Moaña
(https://concellodemoana.sedelectronica.gal/), a partir da data de publicación do correspondente anuncio no DOG, de conformidade co disposto no artigo 7.e) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Réxime de recursos.

O acordo de aprobación inicial ten natureza xurídica de acto administrativo de trámite non susceptible de impugnación independente, pero podería ser alegado polas persoas interesadas para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento (artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Así mesmo, no período de información pública poderanse presentar as alegacións que se consideren oportunas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Moaña, 5 de xaneiro de 2026

Leticia Santos Paz
Alcaldesa