Con data do 29 de xaneiro de 2026, mediante o Decreto da Alcaldía 2026-0219, apróbase a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2026, que consta das seguintes prazas:
|
Tipo de relación |
Denominación |
Grupo |
Clasificación |
Nº de prazas |
Quenda |
|
Funcionario |
Policía local |
C1 |
Escala Administración especial. Subescala servizos especiais |
3 |
Libre |
|
1 |
Mobilidade |
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante o órgano que o ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.
Ponteareas, 30 de xaneiro de 2026
Mª Nava Castro Domínguez
Alcaldesa
