DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15722

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO da oferta de emprego público 2025.

Faise pública a Resolución da Alcaldía número 2026-0012 que aproba a oferta de emprego público do Concello de Salceda de Caselas e que dispón o seguinte:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2025, que contén os seguintes postos de traballo:

• Persoal funcionario.

– Escala de Administración xeral:

Grupo

Subgrupo

Clasif.

Número de vacantes

Denominación

Sistema de acceso

A

A1

Técnica

1

Técnico/a Administración xeral

Quenda libre

AP

AP

Subalterna

1

Conserxe

Quenda libre

– Escala de Administración especial:

Subescala de servizos especiais:

Grupo

Subgrupo

Clasif.

Número de vacantes

Denominación

Sistema de acceso

C

C1

Policía Local

1

Policía Local

Quenda libre

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (http://salcedadecaselas.sedelectronica.gal) e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución desta oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación.

Salceda de Caselas, 5 de febreiro de 2026

Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa