DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 27 de febreiro de 2026 Páx. 15723

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trazo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a Residencia Augas Santas, S.L.

Expediente núm.: 2023/U038/000001. Obxecto: Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) para a Residencia Augas Santas, S.L.

O Pleno da Corporación Municipal de Trazo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2026, adoptou por unanimidade o acordo de aprobación definitiva do Plan especial de ordenación (Plan especial de infraestruturas e dotacións), promovido por Residencia Augas Santas, S.L. (NIF B72619216), co obxecto de coordinar a execución de dotacións urbanísticas no termo municipal.

O dito acordo foi adoptado tras a incorporación das modificacións resultantes dos informes sectoriais e, especificamente, do requirimento efectuado polo Servizo de Urbanismo da Coruña para a adaptación do documento á normativa vixente. Durante o período de exposición pública non se presentaron alegacións.

De conformidade co establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 199 do seu Regulamento, faise público o devandito acordo, indicando o seguinte:

Medidas de seguimento ambiental: de acordo coa avaliación ambiental estratéxica simplificada, o plan incorpora os indicadores e medidas correctoras necesarias para garantir a sustentabilidade das dotacións previstas, sen que se detectaran impactos negativos significativos durante a súa tramitación.

Acceso ao contido íntegro: o documento completo do Plan especial aprobado poderá consultarse no enderezo electrónico oficial do Concello de Trazo: www.concellodetrazo.es

Así mesmo, en cumprimento do artigo 88 da citada Lei 2/2016, o Concello procederá á remisión dun exemplar dilixenciado do plan á consellería competente en materia de urbanismo para a súa correspondente inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Trazo, 4 de febreiro de 2026

Josefina Suárez López
Alcaldesa