A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 22 de decembro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
«34. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Teo sobre a inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza de obras ou urbanística.
1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Teo en relación coa seguinte materia: inspección do imposto sobre construcións, instalacións e obras e da taxa por licenza de obras ou urbanística e pola realización das actividades administrativas de control nos supostos en que a exixencia de licenza fose substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa, e a recadación voluntaria e executiva das liquidacións derivadas das actuacións inspectoras.
2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial.».
A Coruña, 26 de decembro de 2025
|
O presidente da Deputación Provincial da Coruña José Ramón Rioboo Castro Deputado da Deputación Provincial da Coruña |
Miguel Iglesias Martínez |
