A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 22 de decembro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
«33. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Outes sobre a recadación executiva de ingresos públicos non periódicos.
1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Outes en relación coa recadación executiva de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de cobramento non periódico ou por períodos inferiores ao ano.
2. A delegación entrará en vigor unha vez que sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial.».
A Coruña, 26 de decembro de 2025
|
O presidente da Deputación Provincial da Coruña José Ramón Rioboo Castro Deputado da Deputación Provincial da Coruña |
Miguel Iglesias Martínez |
