O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realice algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teña como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.
Pola Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga), onde se establecen a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.
Aprobado o programa anual de actividades da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) para o ano 2026, conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, anúnciase a convocatoria dos cursos descentralizados de formación continua dirixidos ao persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao ano 2026, cuxas bases e características se especifican no anexo desta resolución.
A Estrada, 24 de febreiro de 2026
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO I
Bases
Primeira. Actividades formativas
|
MODALIDADE SEMIPRESENCIAL |
|||||||
|
Denominación del curso |
Provincia |
Lugar |
Horas lectivas |
Prazas |
Datas |
||
|
Parte en liña |
Parte práctica |
Exame |
|||||
|
Accidentes na estrada |
A Coruña |
Carballo |
24 |
30 |
Do 2 ao 23 de novembro |
21 de novembro |
23 de novembro |
|
Accidentes na estrada |
Lugo |
Quiroga |
24 |
30 |
Do 20 de abril ao 11 de maio |
9 de maio |
11 de maio |
|
Accidentes na estrada |
Lugo |
Triacastela |
24 |
30 |
Por determinar pero non antes do 1 de setembro |
||
|
Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais |
A Coruña |
Muros |
40 |
30 |
Do 22 de abril ao 26 de maio |
23 de maio |
26 de maio |
|
Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais |
Ourense |
Parada de Sil |
40 |
30 |
Do 27 de abril ao 1 de xuño |
30 de maio |
1 de xuño |
|
Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais |
Pontevedra |
Moaña |
40 |
30 |
Do 27 de abril ao 1 de xuño |
30 de maio |
1 de xuño |
|
Organización e seguridade en eventos multitudinarios, probas deportivas e de motor |
Ourense |
O Pereiro de Aguiar |
16 |
30 |
Do 30 de abril ao 18 de maio |
16 de maio |
18 de maio |
|
Coordinación de incendios en situación 2 |
Ourense |
Barbadás |
20 |
30 |
De 21 de maio ao 8 de xuño |
6 de xuño |
8 de xuño |
|
Busca de persoas desaparecidas |
Ourense |
Esgos |
20 |
30 |
Do 5 ao 22 de xuño |
20 de xuño |
22 de xuño |
|
Busca de persoas desaparecidas |
Pontevedra |
Dozón |
20 |
30 |
Do 11 ao 28 de setembro |
26 de setembro |
28 de setembro |
|
Condución de vehículos todoterreo |
A Coruña |
Cerceda |
20 |
20 |
Do 10 ao 25 de abril |
25 de abril |
25 de abril |
|
Condución de vehículos todoterreo |
A Coruña |
Narón |
20 |
20 |
Do 18 de setembro ao 3 de outubro |
3 de outubro |
3 de outubro |
|
Condución de vehículos todoterreo |
Ourense |
Toén |
20 |
20 |
Do 27 de marzo ao 11 de abril |
11 de abril |
11 de abril |
|
Condución de vehículos todoterreo |
Pontevedra |
A Estrada |
20 |
20 |
Do 12 de xuño ao 27 de junio |
27 de xuño |
27 de xuño |
|
MODALIDADe PRESENCIAL |
|||||
|
Denominación do curso |
Provincia |
Lugar |
Horas lectivas |
Prazas |
Datas |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
A Coruña |
Trazo |
5 |
24 |
18 de abril |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
A Coruña |
A Coruña |
5 |
24 |
9 de maio |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
A Coruña |
Betanzos |
5 |
24 |
14 de novembro |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
A Coruña |
Padrón |
5 |
24 |
28 de novembro |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
Lugo |
O Vicedo |
5 |
24 |
Por determinar pero non antes do 1 de setembro |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
Lugo |
Vilalba |
5 |
24 |
25 de abril |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
Lugo |
Quiroga |
5 |
24 |
30 de maio |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
Ourense |
Ourense |
5 |
24 |
26 de abril |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
Ourense |
Por determinar |
5 |
24 |
Por determinar pero non antes do 1 de setembro |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
Ourense |
Por determinar |
5 |
24 |
Por determinar pero non antes do 1 de setembro |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
Pontevedra |
Poio |
5 |
24 |
10 de outubro |
|
Desfibrilación externa semiautomática |
Pontevedra |
Mos |
5 |
24 |
7 de novembro |
|
Curso básico de motoserras |
A Coruña |
Pontedeume |
16 |
20 |
17 e 18 de outubro |
|
Curso básico de motoserras |
Ourense |
Entrimo |
16 |
20 |
28 e 29 de marzo |
|
Curso básico de motoserras |
Pontevedra |
Arbo |
16 |
20 |
19 e 20 de setembro |
|
Manexo material de emerxencias |
Ourense |
A Pobra de Trives |
8 |
20 |
25 de abril |
|
Manexo material de emerxencias |
Ourense |
Verín |
8 |
20 |
9 de maio |
|
Prevención e actuación en incidencias en vehículos eléctricos e híbridos |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
8 |
24 |
13 de xuño |
|
Prevención e actuación en incidencias en vehículos eléctricos e híbridos |
A Coruña |
Bergondo |
8 |
24 |
26 de setembro |
|
Prevención e actuación en incidencias en vehículos eléctricos e híbridos |
Ourense |
Celanova |
8 |
24 |
16 de maio |
|
Prevención e actuación en incidencias en vehículos eléctricos e híbridos |
Pontevedra |
Pontevedra |
8 |
24 |
9 de maio |
|
Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais |
Lugo |
O Vicedo |
40 |
20 |
10, 11, 12, 17, 18, 19 de abril |
|
Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais |
Lugo |
Triacastela |
40 |
20 |
15, 16, 17, 22, 23, 24 de maio |
|
Tripulación en embarcacións para preventivos acuáticos |
Pontevedra |
Baiona |
16 |
20 |
9, 10 de maio |
|
Tripulación en embarcacións para preventivos acuáticos |
Pontevedra |
Marín |
16 |
20 |
23, 24 de maio |
|
Tripulación en embarcacións para preventivos acuáticos |
Pontevedra |
Cambados |
16 |
20 |
6, 7 de xuño |
Segunda. Contido das actividades formativas
O contido das diferentes actividades formativas convocadas pola presente resolución pode consultarse na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.gal) na epígrafe «Formación de colectivos».
Terceira. Destinatarios/as
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia.
Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).
Cuarta. Requisitos de participación dos/das solicitantes
1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
A agrupación/asociación de voluntarios de protección civil a que pertenza o solicitante deberá estar inscrita regulamentariamente no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados/as por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.
3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning) son de nivel básico:
Aspectos recomendables para o PC:
• A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.
• Preferentemente conexión á internet de banda larga e un antivirus actualizado.
• Navegador: Mozilla Firefox 2 (recomendado), Microsoft Edge ou superior ou Google Chrome.
• Ter JavaScript e cookies activadas no navegador.
• Para ver os documentos en pdf, necesítase ter instalado Acrobat Reader.
• Para o desenvolvemento dos cursos na modalidade transmisión en directo (streaming) é necesario dispoñer de cámara web e micrófono.
4. Non está permitida a realización simultánea de cursos, na modalidade presencial, semipresencial ou de telepresenza, sempre que exixan a presenza física do alumnado o mesmo tempo nalgún curso en que a persoa solicitante foi seleccionada.
Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria nunha ou varias sesións presenciais con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.
Quinta. Desenvolvemento da actividade
1. Na modalidade en liña.
a) A través da plataforma de formación da Agasp.
b) Datas: as edicións realizaranse segundo se especifica na base primeira desta convocatoria.
c) Horario: segundo a disposición e necesidade do alumnado. Axustarase ao calendario establecido no propio curso.
d) O alumnado deberá acceder ao curso dentro dos primeiros dous días hábiles (excluídos sábados, domingos e festivos) a partir da data de inicio.
e) As persoas que non accedan ao curso no prazo indicado serán dadas de baixa nel, sen prexuízo de que poidan ser penalizadas coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses. No suposto de reincidencia en máis dun curso, o prazo será de doce (12) meses.
f) Desenvolvemento: o alumnado participante deberá realizar a través da plataforma de formación da Agasp, e de acordo cun calendario de presentación, as actividades incluídas no curso, que son:
i. Visualización dos contidos.
ii. Superación dos cuestionarios.
iii. Cumprimento das tarefas segundo as exixencias indicadas.
g) O/a alumno/a que non realice algunha desas actividades no prazo establecido será sancionado/a coa baixa no curso, sen prexuízo de que poida ser penalizado/a coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses. No suposto de reincidencia en máis dun curso, o prazo será de doce (12) meses.
2. Na modalidade presencial.
a) Lugar e data: realizarase presencialmente nas instalacións da Agasp nas datas establecidas no calendario do curso, sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos delas se poidan facer fóra das súas instalacións.
b) Uniformidade: é obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa na actividade.
En todas as modalidades o alumnado deberá superar unha proba final.
Sexta. Solicitudes
a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.
É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non se fai responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.
b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán darse de alta nela previamente, para o que é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.
d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.
e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.
f) Se as solicitudes para participar nun curso non superan o 50 % das prazas convocadas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.
Sétima. Prazo de inscrición
O prazo de inscrición establecerase en función da data de inicio de cada actividade formativa:
Para os cursos cuxa data de inicio sexa anterior ao 30 de xuño de 2026, o prazo de inscrición será ata o 16 de marzo de 2026, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Para os cursos cuxa data de inicio sexa posterior ao 30 de xuño de 2026, o prazo de inscrición será desde o 22 de xuño ata o 31 de xullo de 2026.
No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa maior antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.
Oitava. Criterios xerais de selección
Os criterios xerais de selección son os que a continuación se relacionan e na orde indicada, sen prexuízo de que algúns cursos requiran criterios específicos, os cales se indicarán na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal
1º. De acordo co artigo 155 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas en que as mulleres estean infrarrepresentadas, organizados ou financiados pola Administración xeral ou unha entidade do sector público autonómico de Galicia, reservarase un 50 por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria. As mulleres só accederán a esta quenda reservada unha vez cubertas todas as prazas da quenda non reservada.
2º. Reservarase, nos cursos da modalidade presencial, un corenta por cento das prazas para as persoas con residencia no concello onde se realice o curso.
3º. Teñen preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso.
4º. Teñen preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.
5º. Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación.
Cando no proceso de selección non se completasen as reservas establecidas nos puntos 1º e 2º, estas reservas, de existir suficiente número de solicitantes, completaranse co resto de solicitudes.
Unicamente serán seleccionadas aquelas persoas que non realizasen o curso solicitado nos últimos cinco anos, excepto as persoas que solicitasen o curso Desfibrilación externa semiautomática, en que poderán ser seleccionadas aquelas que non realizasen o curso nos últimos dous anos.
6º. No suposto en que, de conformidade coa base décima, houbese dous ou máis cursos susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidas en ningún outro curso.
Novena. Admisión
A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O alumnado seleccionado será informado da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.
O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante. De non comunicar a renuncia, a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso, o prazo será de doce (12) meses.
A Agasp reserva para si o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.
Décima. Coincidencia de datas nos cursos
Estará permitida a realización simultánea de cursos sempre que non coincida a súa parte presencial.
Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria nunha ou varias sesións presenciais con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.
Décimo primeira. Dereitos e deberes do alumnado participante
Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp.
Décimo segunda. Faltas de asistencia
O Regulamento de réxime interior da Agasp regula no seu artigo 16 as faltas de asistencia nos cursos:
1. A realización das actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria. A súa non realización deberá xustificarse debidamente e penalizarase disciplinariamente en caso contrario.
2. A asistencia á formación presencial, tanto na parte teórica como na parte práctica, é obrigatoria para o alumnado durante toda a carga horaria, que NON poderá ausentarse se non é por unha causa de forza maior e xustificada documentalmente.
3. O alumnado que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % do curso será declarado non apto e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita.
Décimo terceira. Certificado de aproveitamento
Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen as partes obrigatorias e a proba final do curso.
Décimo cuarta. Facultades da Agasp
A Agasp poderá modificar sen necesidade dunha nova publicación o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Agasp tamén poderá, sen necesidade dunha nova publicación, suprimir o curso, cambiar as datas e o lugar de realización, ampliar novas edicións ou prazas deste, ou suspendelo, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Especificamente, poderase suprimir o curso cando o alumnado admitido antes da súa data de inicio non supere o 50 % das prazas convocadas.
Así mesmo, facúltase o director xeral para ditar unha resolución sen necesidade dunha nova publicación para interpretar, se for o caso, o desenvolvemento da convocatoria ou docencia.
