BDNS (Identif.): 888462.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/888462
Primeiro. Persoas beneficiarias
Será beneficiario o alumando matriculado na Universidade de Vigo no curso 2025/26 en titulacións oficiais de grao en centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non existentes en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro).
O alumnado deber ter solicitada a praza na convocatoria de mobilidade SICUE para o curso académico 2026/27.
Segundo. Obxecto
A presente convocatoria está prevista no Plan estratéxico de subvencións da Universidade de Vigo como unha acción destinada ao cumprimento do obxectivo de «impulsar a internacionalización e a multiculturalidade» a través da compensación do custo económico asociado á mobilidade nacional SICUE co obxecto de fomentar o coñecemento doutros sistemas docentes e a inmersión cultural.
O obxecto das bolsas é atender o custo económico que supón a participación no programa de mobilidade do Sistema de intercambio entre centros universitarios (SICUE) coa finalidade de que ningunha persoa quede excluída da mobilidade por razóns económicas.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 19 de febreiro de 2026 pola que se publican as bolsas de mobilidade destinadas ao estudantado participante no programa SICUE no curso 2026/27.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de trinta e cinco mil euros (35.000 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 20 de febreiro ata o 16 de marzo de 2026.
Vigo, 19 de febreiro de 2026
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG de 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
