DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 9 de febreiro de 2026, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento número 1, nave de usuarios, no dominio público portuario de Porto do Son.

Ao quedar dispoñible o departamento número 1, nave de usuarios, no dominio público portuario de Porto do Son, ábrese convocatoria pública para a ocupación deste, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria; en todo caso, deberán acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do prazo establecido e, en caso contrario, non será admitida, deberase emendar a súa presentación e tomarase como data de presentación a da emenda, co risco no caso de trámites sometidos a prazos preclusivos de perder o dereito ao trámite ou incluso o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poida ter obtido, no marco do procedemento de que se trate.

A Coruña, 9 de febreiro de 2026

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro