DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ACORDO polo que se aproba definitivamente o expediente de modificación puntual número 4 non substancial do Plan xeral de ordenación municipal.

Logo de aprobar definitivamente a modificación puntual non substancial do Plan xeral de ordenación municipal para actuacións de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas mediante o Acordo do Pleno do 19 de febreiro de 2026, publícase este de conformidade co artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a proposta de modificación puntual número 4 non substancial do Plan xeral de ordenación municipal para as actuacións de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual non substancial do Plan xeral de ordenación municipal no Diario Oficial de Galicia, inscribir o instrumento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, estará dispoñible na sede electrónica deste concello».

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se poida considerar máis conveniente conforme dereito.

Barro, 24 de febreiro de 2026

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde