Ao non ser posible efectuar a comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de 15 días naturais, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febrero, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Transición Ecolóxica, Obras e Servizos Públicos), situadas na rúa do Concello, nº 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
|
Núm. expediente |
Referencia catastral |
Localización |
Propietario |
Liquidación provisional |
|
1483074A |
15031A01500111 |
Rúa Penaloureira (Paseiras-Rutis) |
Descoñecido |
1.077,78 € |
|
1484718J |
9871405NH4997S |
Rúa Manuel Murguía (Rutis) |
Humberto Rubén Torrón Fernández (herdeiros) |
517,65 € |
|
1492037Z |
15031A01200150 |
Rúa Mártires de Carral (Rutis) |
Descoñecido |
704,00 € |
|
1509662D |
0356759NH5905N |
Avda. O Rueiro (Rutis) |
Jaime Añón Marta Almudena Silveira Calvo |
306,46 € |
|
1527943T |
15031A04700165 |
Lugar Lameáns (Ledoño) |
Descoñecido |
289,96 € |
|
1528800J |
6596603NH4869N |
Lugar de Cabana (Veiga) |
Manuel Ramallal (herdeiros) |
484,88 € |
|
1547083C |
15031A04100029 |
Lugar de Ramos (Sueiro) |
Descoñecido |
481,76 € |
Culleredo, 6 de febreiro de 2025
José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente
