De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 3 de novembro de 2025, pola que se outorgou a concesión da referencia, coas seguintes condicións principais:
Titular: Concello de Vilanova de Arousa.
Destino: instalación dunha pasarela peonil en San Miguel de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, promovida polo Concello de Vilanova de Arousa.
Superficie: 227,98 m2.
Prazo: 30 anos.
Canon: exento.
Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:
https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2025/CONC-PO-2025-184C-Vilanova-de-Arousa.pdf.pdf
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
