DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15870

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2026 pola que se aproba e se fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade física, grupo III, pola quenda de promoción interna, do cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 19 de xaneiro de 2026 (DOG do 30 de xaneiro), convocáronse probas selectivas para cubrir tres (3) prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade física, grupo III, pola quenda de promoción interna, do cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela