Mediante a Resolución reitoral do 25 de agosto de 2025 (DOG do 9 de setembro e BOE do 1 de outubro) convocáronse as probas selectivas para cubrir unha (1) praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade química (espectroscopía IR-Raman/magnetosusceptibilidade e crioxenia), grupo III, pola quenda de acceso libre.
Mediante a Resolución reitoral do 23 de outubro de 2025 (DOG do 3 de novembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o mércores 8 de abril de 2026, ás 10.00 horas, no Campus Vida, na sala de xuntas do edificio Cactus (segundo andar). Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan o coñecemento da lingua galega.
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo citado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
