DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2024/167-1).

Expediente: IN407A 2024/167-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT, RBT A Torre e San Lourenzo.

Termo municipal: Cambre.

1. Características técnicas:

– Proxéctase a instalación dun centro de transformación compacto rural de fin de liña de 160 kVA, para o traspaso de cargas da punta da rede existente do CT 15AQ55, de 160 kVA, o cal irá situado na parcela con referencia catastral 15017A067001040000MH, alimentado pola liña de media tensión SMC-701 a 15 kV procedente da subestación San Marcos e desde o cal se alimentará a rede de BT existente mediante dúas saídas.

– O entroncamento coa liña de media tensión aérea SMC-701 realizarase mediante paso aéreo-subterráneo para a nova derivación subterránea que alimentará o novo CT, sendo necesario instalar un apoio proxectado de tipo C-1000/14, no cal se instalará un reconectador (RC) que servirá como dispositivo de protección e manobra para a derivación.

– Para dar servizo ao CT proxectado, proxéctase unha nova liña de media tensión subterránea (LMTS) en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1×150) cunha lonxitude de 822 metros, a cal partirá dun paso aéreo-subterráneo (PAS) proxectado no apoio proxectado C-1000/14 e rematará no centro de transformación proxectado. Esta liña discorrerá canalizada en gabia, instalada baixo tubo de polietileno de alta densidade, de 16 cm de diámetro.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 6 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Cambre

Nº parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

1

Lg. Pintor

15017A066002830000 MJ

Rústico. Agrario. Prados ou pradarías

Herdeiros de Javier de Don Esteve Bordiu

Apoio 1

2.0

3,04

9,08

2

Lg. Torre

15017A067001040000 MH

Rústico. Agrario. Matogueira

Herdeiros de María Josefa López

CT + acceso

50,81

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada.