José Caride Martínez, DNI ***8798**, veciño de Vigo 36215, actuando como presidente da Comunidade de Augas de Parada Maceiriña Salgueiro, mediante este anuncio convoco o vindeiro 22 de marzo de 2026 en Camiño do Canto, nº 16, Vigo, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme os puntos, e aprobación, se é o caso, do que proceda, da seguinte orde do día:
1. Lectura de actas anteriores.
2. Aprobación de contas do exercicio 2025.
3. Informe de xestión da comunidade.
4. Actualización de prezos.
5. Xunta Directiva, Xurado e suplentes.
6. Facultar a Xunta Directiva á solicitude de subvencións e axudas no nome da comunidade.
7. Altas, baixas e cambios de titularidade.
8. Límites de consumo de auga en períodos normais ou excepcionais.
9. Rogos e preguntas.
Vigo, 4 de febreiro de 2026
José Caride Martínez
Presidente da Comunidade de Augas de Parada Maceiriña Salgueiro
