DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15969

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria do proceso para cubrir unha praza de administrativo/a (posto de xefe/a de información territorial).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 12, do 20 de xaneiro de 2026, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, unha praza de administrativo/a adscrita ao posto de xefe/a de información territorial, con nivel de titulación de bacharelato ou equivalente, vacante no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de concurso-oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Logo da publicación antedita os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Oleiros, 6 de febreiro de 2026

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía núm. 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal