DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15828

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Optometría.

De conformidade co disposto nos artigos 32 e 33 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, e obtida a aprobación da modificación do plan de estudos mediante a Resolución do Consello de Universidades do 18 de xullo de 2025,

Este reitorado resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Optometría pola Universidade de Santiago de Compostela, publicado no Boletín Oficial del Estado, número 4, do 4 de xaneiro de 2019.

O plan de estudos a que se refire a presente resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Optometría pola Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 4316688.

Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde.

Ámbito de coñecemento: fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: híbrida.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materias.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

21

Optativas

21

Prácticas externas obrigatorias

6

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudios do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Farmacovixilancia Ocular

Obrigatoria

3

Módulo de materias obrigatorias

Inmunoloxía Ocular

Obrigatoria

3

Metodoloxía da Investigación e a Prevención en Visión

Obrigatoria

4,5

Estatística Avanzada para a Optometría

Obrigatoria

3

Bioloxía do Sistema Visual

Obrigatoria

4,5

Procedementos Clínicos e de Investigación en Optometría

Obrigatoria

3

Manexo Optométrico da Baixa Visión

Optativa

3

Módulo de materias optativas

Uso Nocturno das Lentes de Contacto

Optativa

3

Superficie Ocular e Lentes de Contacto

Optativa

3

Ollo Seco e Lentes de Contacto

Optativa

3

Envellecemento e Visión

Optativa

3

Optometría Pediátrica e Terapia Visual

Optativa

3

Marcadores Moleculares das Alteracións da Visión

Optativa

3

A Visión nas Enfermidades do Sistema Nervioso

Optativa

3

Ciencias Ómicas Aplicadas á Investigación Ocular

Optativa

3

Detección e Tratamento de Defectos Visuais con Luz

Optativa

3

Sistemas Avanzados de Administración de Fármacos por Vía Ocular

Optativa

3

Técnicas de Bioloxía Molecular Aplicadas á Investigación do Sistema Visual

Optativa

3

Diagnóstico Microbiolóxico das Infeccións Oculares

Optativa

3

Procesamento da Información Visual e Aprendizaxe

Optativa

3

Prácticas externas

Obrigatoria

6

Módulo de prácticas externas

Traballo fin de máster

Obrigatoria

12

Módulo de traballo fin de máster

Total de créditos ofertados

81