DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15830

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Xestión da Arte e o Patrimonio Cultural.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e declarado o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 23 de setembro de 2025 (publicado no BOE do 1 de outubro de 2025 mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 25 de setembro de 2025),

Este reitorado resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Xestión da Arte e o Patrimonio Cultural pola Universidade de Santiago de Compostela.

O plan de estudos a que se refire a presente resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Xestión da Arte e o Patrimonio Cultural pola Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 3500684.

Rama de coñecemento: Arte e Humanidades.

Ámbito de coñecemento: Historia da Arte e da Expresión Artística, e Belas Artes.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

21

Optativas

21

Prácticas externas obrigatorias

12

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudios do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Fundamentos e Recursos para a Investigación e a Xestión

Obrigatoria

4,5

Coñecementos xerais e contextos da xestión artística

Marcos Institucionais e Políticas Culturais

Obrigatoria

3

Novos Relatos Historiográficos desde as Perspectivas de Xénero e Teoría Queer

Obrigatoria

3

Humanidades Dixitais Aplicadas ao Patrimonio e os Bens Artísticos

Obrigatoria

3

Seminario Transversal de Teoría. Lecturas e Debates

Obrigatoria

3

Réxime Xurídico da Xestión da Arte e do Patrimonio Cultural

Obrigatoria

4,5

Música e Artes do Espectáculo

Optativa

4,5

Concepción e desenvolvemento de proxectos artísticos e culturais

Creación Audiovisual no Século XXI

Optativa

3

Prácticas Artísticas Contemporáneas

Optativa

3

Economía da Arte

Optativa

3

Arquitectura para Museos e Outros Espazos de Exhibición

Optativa

3

Proxecto de Comisariado

Optativa

4,5

Concepto, Tipoloxías e Problemáticas do Patrimonio Cultural

Optativa

4,5

Planificación e estratexias para a intervención no patrimonio cultural

Museos, Coleccións e Patrimonio Cultural: Exhibición, Conservación e Difusión

Optativa

3

Proxectos en Xestión do Patrimonio

Optativa

4,5

Cidades, Territorios e Paisaxes Culturais. Estratexias de Xestión e Planificación

Optativa

3

Interpretación, Comunicación e Didáctica do Patrimonio

Optativa

3

Turismo Cultural e Dinamización Económica

Optativa

3

Prácticas académicas externas

Obrigatoria

12

Prácticas académicas externas

Traballo fin de máster

Obrigatoria

6

Traballo fin de máster

Total de créditos ofertados

81

Especialidades:

O título de máster en Xestión da Arte e o Patrimonio Cultural recolle dúas especialidades denominadas:

– Especialidade en Concepción e Desenvolvemento de Proxectos Artísticos e Culturais.

– Especialidade en Planificación e Estratexias para a Intervención no Patrimonio Cultural.

Cada unha das especialidades consta de 21 créditos ECTS, repartidos en disciplinas de 3 e 4,5 créditos.

Non obstante, o máster en Xestión da Arte e o Patrimonio Cultural tamén se pode cursar sen mención, combinando materias de ambas as especialidades ata alcanzar o número de créditos necesarios.