Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e declarado o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 23 de setembro de 2025 (publicado no BOE do 1 de outubro de 2025, mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 25 de setembro de 2025).
Este reitorado resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados pola Universidade de Santiago de Compostela.
O plan de estudos a que se refire esta resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados
pola Universidade de Santiago de Compostela
Código RUCT: 3500657.
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde.
Ámbito de coñecemento: interdisciplinar.
Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.
Modalidade de impartición: híbrida.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materias:
|
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
|
Obrigatorias |
22,5 |
|
Optativas |
21 |
|
Prácticas externas obrigatorias |
9 |
|
Traballo fin de máster |
7,5 |
|
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster:
|
Materia |
Carácter |
Créditos |
Módulo |
|
Dereito e Bioética |
Obrigatoria |
3 |
Módulo común |
|
Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde |
Obrigatoria |
3 |
|
|
Proxectos de Investigación |
Obrigatoria |
3 |
|
|
Cuestionarios no Ámbito Sanitario |
Obrigatoria |
3 |
|
|
Epidemioloxía Xeral e Deseños |
Obrigatoria |
3 |
|
|
Síntese de Información Científica |
Obrigatoria |
3 |
|
|
Comunicación |
Obrigatoria |
4,5 |
|
|
Traballo fin de máster |
Obrigatoria |
7,5 |
|
|
Prácticas externas |
Obrigatoria |
9 |
|
|
Urxencias, Emerxencias e Grandes Catástrofes |
Optativa |
4,5 |
Especialidade Clínica |
|
Manexo do Paciente Crítico |
Optativa |
4,5 |
|
|
Prácticas externas (Especialidade Clínica) |
Optativa |
9 |
|
|
Urxencias Pediátricas |
Optativa |
3 |
|
|
Urxencias Obstétrico-Xinecolóxicas |
Optativa |
3 |
|
|
Urxencias Psiquiátricas |
Optativa |
3 |
|
|
Xestión Sanitaria |
Optativa |
4,5 |
Especialidade de Xestión |
|
Sistemas Sanitarios de Saúde |
Optativa |
3 |
|
|
Economía da Saúde |
Optativa |
3 |
|
|
Calidade na Atención Sanitaria |
Optativa |
4,5 |
|
|
Enfoques Docentes |
Optativa |
3 |
|
|
e-Health |
Optativa |
3 |
|
|
Total créditos ofertados |
81 |
||
Especialidades:
O título de máster en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados inclúe dúas especialidades denominadas:
– Especialidade en Clínica.
– Especialidade en Xestión.
Cada unha das especialidades consta de 21 créditos ECTS, repartidos en disciplinas de 3 e 4,5 créditos. O estudantado debe cursar unha das especialidades ofertadas, e non é posible obter o título de máster sen cursar unha especialidade.
Se o estudantado cursa a especialidade clínica, deberá cursar as materias vinculadas a esta especialidade:
– Urxencias, Emerxencias e Grandes Catástrofes.
– Manexo do Paciente Crítico.
– Prácticas externas (Especialidade Clínica).
– E unha das materias con créditos optativos ordinarios ofertados para a especialidade.
Se o estudantado cursa a especialidade de Xestión, deberá cursar os créditos desta especialidade:
– Xestión Sanitaria.
– Sistemas Sanitarios de Saúde.
– Economía da Saúde.
– Calidade Asistencial.
– Enfoques Docentes.
– e-Health.
