DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15836

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se ofrecen ás persoas aprobadas correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia nas probas selectivas para ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, pola quenda libre, convocadas pola Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro.

De conformidade co establecido na base décimo novena da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza (Boletín Oficial del Estado de 15 de marzo), na base 8.1.a) da Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza (Boletín Oficial del Estado do 27 de decembro), e no Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza (Boletín Oficial del Estado do 27 de decembro),

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública, por orde alfabética de localidades, a relación de prazas desertas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I), que se ofrecen ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de auxilio xudicial convocado pola Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro.

Segundo. As solicitudes de destino deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.

As solicitudes formalizaranse consonte o modelo que aparece como anexo II desta resolución de acordo coas seguintes instrucións:

a) No modelo de instancia poderán relacionarse ata o máximo de postos ofertados, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.

b) Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida pola persoa aspiran-te en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida.

c) De non formular solicitude de prazas ou non corresponderlle ningunha das relacio-nadas na súa instancia, por non solicitar un número suficiente de prazas, procederase a destinalo/a, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde alfabética de localidades publicada no Boletín Oficial del Estado.

Terceiro. Ningunha persoa aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude unha vez rematado o prazo de presentación indicado no punto segundo desta resolución.

Cuarto. A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso, de acordo coa orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (respectando sempre a orde de prioridade seleccionada e o número de opositor/a do/da candidato/a).

Quinto. Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste namentres non transcorran dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ou recurso contencioso-administrativo ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia competente, no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Unidade

Denominación

Código do posto

Localidade

Provincia

SCX de Lugo - Área Rexistro - Repartición e Asuntos Xerais

Auxilio-Rexistro-Repartición e Asuntos Xerais

XG92582040270288024.00

Lugo

Lugo

SCX de Pontevedra - Área Rexistro - Repartición e Asuntos Xerais

Auxilio-Rexistro-Repartición e Asuntos Xerais

XG92582040360388040.00

Pontevedra

Pontevedra

SCX de Santiago de Compostela - Área Rexistro - Repartición e Asuntos Xerais

Auxilio-Rexistro-Repartición e Asuntos Xerais

XG92582040150788022.00

Santiago de Compostela

A Coruña

missing image file