DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-186A-C e vinte e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-186A-C e vinte e dous máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

E-186A-C

José Mª Vizoso e consortes

8.2.2026

E-1384-C

Francisco Castiñeira Trillo

8.2.2026

E-1622-C

Emilio Casal Villabrille

8.2.2026

E-1589-C

Domingo Rama Vello

8.2.2026

E-1487-C

José Pardo López

8.2.2026

E-1482-C

Consuelo Otero González, Ángela Castiñeiras Gianzo, herdeiros de Carmen Regueiro Liñares, Ricardo Fariña Liñares, Lorenzo García Picón, José Ramón Castiñeiras, María García Calviño, herdeiros de Domingo Castiñeiras Gianzo, Emilio Deus López, Manuela Harcía Calviño, Antonio Deus López e José Raña Orgeira

8.2.2026

E-1498-C

Gumersindo Queijas Fuentes e Pedro Castro Remuiñán

8.2.2026

E-1583-C

Alonso Liñares Santos, Santiago Rodríguez Castro e Josefa Ríos Pampín

8.2.2026

E-1682-C

Andrea Albite Paz e María Socorro Cancela

8.2.2026

E-1662-C

José Cobo Vizcaíno e Saladina Castiñeiras Ares

8.2.2026

E-1709-C

Joaquín Curros Amboage

8.2.2026

E-10-C

Eulogio Astray López

8.2.2026

E-31-C

Eleuterio Guardiaz, Jesús Carro Sarmiento e Josefa de Viñas

8.2.2026

E-53-C

Andrés Fuentes Oróns

8.2.2026

E-50-C

José Mª Elespe

8.2.2026

E-61-C

Inocencio Fuciños

8.2.2026

E-64-C

José Gómez Insua

8.2.2026

E-56-C

Manuel Fernández

8.2.2026

E-105-C

Enrique Méndez Rodríguez

8.2.2026

E-128-C

José Moreira Martínez e outros

8.2.2026

E-1415-M

Mercedes de Cora Sabater

8.2.2026

1741-M

José Gallo López

8.2.2026

132-M

Baltasar Expósito Díaz, Concepción Álvarez Vidueiras, Gertrudis García Díaz, Gervasio López Veiga, Jaime Acevo Chao, Jesús Díaz Recalde, José Seivane Folgueirosa e José Antonio Folgueira Pérez

8.2.2026