De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A15.15676 e trece máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Data do acordo |
|
DH.A15.15676 |
José Vázquez López |
9.1.2026 |
|
DH.A15.16478 |
Comunidade de Usuarios de Augas do Lugar de Damil |
9.1.2026 |
|
DH.A27.03580 |
Comunidade de Usuarios Fonte do Curro |
9.1.2026 |
|
DH.A36.6478 |
Carmen Quiñones Vázquez |
9.1.2026 |
|
DH.A36.5728 |
Amparo Feijoo González |
9.1.2026 |
|
DH.A15.11190 |
José González Vázquez |
9.1.2026 |
|
DH.A15.17162 |
Antonio Pereira Carbón |
9.1.2026 |
|
DH.A36.7487 |
Oliva Falcón Segade |
9.1.2026 |
|
DH.A36.5393 |
Comunidade de Usuarios de Ratón |
9.1.2026 |
|
DH.A15.6746 |
Jesús García Corral |
9.1.2026 |
|
DH.A15.11802 |
Juan Rey Leal |
9.1.2026 |
|
DH.A36.3775 |
Rosa Misa Albores |
9.1.2026 |
|
DH.A36.6953 |
Comunidade de Usuarios de Macenlle |
9.1.2026 |
|
DH.A15.17593 |
Alberto Barro Fontao e Antonio Amable Vilaboy Bellas |
9.1.2026 |
