DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 2 de marzo de 2026 Páx. 15934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifica o acordo de inicio de expediente de extinción de concesións de augas (expediente E-1968-C e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-1968-C e dous máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

E-1968-C

Manuel Pombo Canedo

9.1.2026

E-2081-C

María Luaces Romero

9.1.2026

E-1390-C

Maximino Domínguez García

9.1.2026