DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 3 de marzo de 2026 Páx. 16076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos de BS650A e BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícase mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, aos efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación efectuada por comparecencia, o abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 5 de febreiro de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Núm. de expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar

da persoa interesada

Resolución e data

36/00515-I/24

41617967L

Suspensión 11.12.2025

36/00848-I/08

44507442G

Extinción 27.1.2026

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. de expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar

da persoa interesada

Resolución e data

36/01034-X/03

77462718Y

Suspensión 26.11.2025

36/01160-X/24

76804239V

Extinción 23.12.2025

36/00616-X/25

60939294N

Denegación 30.9.2025

36/00989-X/25

50532859L

Denegación 17.12.2025