DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 3 de marzo de 2026 Páx. 16078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 23 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Muras e Ourol (expediente IN407A 2025/37 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro), sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: enlace LAT Centrais-LAT Muras 2 (CT Lombao-CT Muruás).

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Características técnicas principais:

• LAT aérea 20 kV Centrais a CT Lombao, no cal se intercala un novo apoio 200599, na LAT Centrais, onde se realizará o paso aéreo-subterráneo da LAT soterrada ao novo CT prefabricado Lombao.

• LAT aérea 20 kV enlace LAT Centrais-LAT Muras 2, de 1.178 m de lonxitude, en condutor 94-AL 1/22 ST1A (LA 110) e retensado dun van de liña, de 76 m de lonxitude, en condutor 47-AL 1/8 ST1A (LA 56).

• LAT aérea 20 kV Muras 2 derivada a CT 3934 Muruás, de 91 m de lonxitude, en condutor 47-AL 1/8 ST1A (LA 56) entre o apoio 10 (A91168) e o CT intemperie 3934 Muruás, en substitución da actual LAT aérea, no mesmo condutor, debido á substitución do citado apoio 10 (A91168).

• LAT subterránea 20 kV a novo CT Lombao, de 570 m de lonxitude en condutor HEPRZ1-12/20 kV 1×240 kV Al + H16, entre o apoio 2 (200599) proxectado e o novo CT Lombao.

• LAT subterránea 20 kV enlace LAT Centrais-LAT Muras 2, de 290 m de lonxitude en condutor HEPRZ1-12/20 kV 1×240 kV Al + H16, entre o novo CT Lombao 1 e o apoio 3 proxectado.

• CT prefabricado Lombao, novo CT prefabricado 2L1P+telemando en substitución do actual CT intemperie 9415 Lombao.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76, así como nos concellos de Muras e Ourol. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/muras-ourol

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 23 de febreiro de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de enlace LAT Centrais-LAT Muras 2 (CT Lombao-CT Muruás)

Concellos: Muras e Ourol.

Expediente: IN407A 2025/37 ATE.

Referencia catastral

Pol.

Parc.

Lugar

Concello

Titular

Cultivo

Apoio nº

Oc. perm. apoio (m2)

LATA Oc. perm. (m2)

LATS Oc. perm. (m2)

CT Oc. perm. (m2)

Accesos oc. temp. (m2)

1

27038A17600002

176

2

Lombao

Ourol

Hros. de María Cazás Caabeiro
José Antonio Cortiñas Cazás

Prado

2

12

24

48

2

27038A17600012

176

12

Lombao

Ourol

Hros. de María Cazás Caabeiro
José Antonio Cortiñas Cazás

Prado

9

48

4

27038A17600041

176

41

Lombao

Ourol

Hros. de María Cazás Caabeiro
José Antonio Cortiñas Cazás

Prado

8

6

27038A17600057

176

57

Coto

Ourol

Hros. de Herminia Paraños Paraños, representante Fidel Franco Paraños

Monte alto

4

2

1.018

39

9

27038A17600055

176

55

As Ramiscas

Ourol

Hros. de María Cazás Caabeiro
José Antonio Cortiñas Cazás
José Daniel Rodríguez Cajete

Monte alto

835

10

27038A17600059

176

59

Coto

Ourol

Hros. de María Cazás Caabeiro
José Antonio Cortiñas Cazás

Monte alto

92

12

27038A17600048

176

48

As Ramiscas

Ourol

Hros. de María Cazás Caabeiro
José Antonio Cortiñas Cazás
José Daniel Rodríguez Cajete

Monte alto

2.211

13

27033A03300035

33

35

O Choupán

Muras

Emilia Guerreiro López

Monte alto

9

14

27033A03300062

33

62

Muruás

Muras

Hros. de Herminia Paraños Paraños, representante Fidel Franco Paraños

Monte alto

1.552

*Oc. perm.: ocupación permanente

*Oc. temp.: ocupación temporal