DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 3 de marzo de 2026 Páx. 16085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados polo proxecto de interruptor TC no apoio BJPVVWH341 da LAMT PRS802 Monforte 2 (Pantón) (expediente IN407A 2023/48-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio comunícanselles a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto Interruptor TC no apoio BJPVVWH341 da LAMT PRS802 Monforte 2 (Pantón), segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.

Lugo, 11 de febreiro de 2026

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/48-2.

Entidade beneficiaria: UFD Distribucion Electricidad, S.A.

Denominación: Interruptor TC no apoio BJPVVWH341 da LAMT PRS802 Monforte 2 (Pantón).

Concello

Titular

Día

Hora

Predio

Pantón

Descoñecido

6 de maio de 2026

11.45

1