Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consonte o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas a ocupación e o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación de regulamentación da LMTA TTL811 entre os apoios núm. 283-A-6 e núm. 283-A-8 (Folgoso do Courel), segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 11 de febreiro de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/83-2.
Denominación: regulamentación da LMTA TTL811 entre os apoios núm. 283-A-6 e núm. 283-A-8.
Acordo de ocupación e requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Folgoso do Courel.
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Titular |
Apoio nº |
Apoio superficie m2 |
|
1 |
8 |
459 |
Soutullo |
Monte baixo |
Descoñecido |
283-A-7 |
2,0 |
