DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 3 de marzo de 2026 Páx. 16126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-1130-C e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-1130-C e once máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do oficio

E-1130-C

Ramón Montero Gil

11.2.2026

E-1007-C

Manuel León Rodríguez

11.2.2026

E-68-3353-C

José Camino Duro, Carmen García Duro, Salomé Camino Duro, Cecilia Camino Duro, Pilar Camino Duro.

11.2.2026

E-68-1928-C

José María Fraga Mato
María Fraga Mato

11.2.2026

E-1326-M-a_01

José López, San Miguel Pico

11.2.2026

E-1326-M-a

José López, San Miguel Pico

11.2.2026

E-1326-d-M

José López, San Miguel Pico

11.2.2026

1371-a-M

Carmen Vizoso Abeledo

11.2.2026

E-58-211

Manuel Barreiro Barreiro

11.2.2026

3662-F-941

Severino López Pardo, herdeiro de Evaristo Camba, Claudino López Gómez, Francisco González Rey, Manuel López Alberte, David Mariño López, herdeiros de Claudino González Rey, Manuel Dapena Mariño, Manuel Troitiño Rascado, María Bugallo Darriba, Silvina Márquez Fernández, Manuel Morgade Rey, Enrique Mariño González, Francisca Andión Feijoó, José González Rey, Manuel Camba Mariño, José López Rozados, Benigna López Rozados

11.2.2026

4800-F-860

Carmen Fernández Campos e fillos

11.2.2026

3664-F-941

Manuel López Rozados, José Márquez Picón, Dositeo Taín Lamela, Preciosa Troitiño Souto, José Gulias González, Carmen López Mariño, Manuel Troitiño Rascado, Jesús Varela Caramés, Enrique Mariño González, herdeiros de Jesús López González, Generosa Gómez Troitiño, Carmen Dapena Morgade e José Varela Caramés

11.2.2026