DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 3 de marzo de 2026 Páx. 16125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se notifica a resolución ditada no expediente de autorización de obras no concello do Valadouro (DH.W27.110615).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 52988340C a Resolución do 16 de outubro de 2025 ditada no expediente de autorización de obras (declaración responsable) DH.W27.110615.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña de Augas de Galicia, situadas na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar con cita previa no correo electrónico servizo.augas.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 44 17.

Así mesmo, indícase que contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor, de conformidade cos artigos 121 e 122 da LPAC, recurso de alzada, ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Lugo, 11 de febreiro de 2026

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña