DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se somete a información pública a ampliación dunha explotación avícola de ceba de broilers ata 76.679 aves de capacidade no lugar Guldriz de Abaixo, parroquia Guldriz, Friol (Lugo) (expediente MR2025/006).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o proxecto e o estudo de impacto ambiental dunha explotación de ceba de broilers para a ampliación dunha nave avícola, unha nave de locais auxiliares e unha esterqueira con capacidade ata 76.679 aves, promovido por Ganadería García Viña, S.C. (J27435106), nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sitas en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera persoa interesada poida consultalo e, se for o caso, formular no devandito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

Para os efectos deste expediente o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-aia

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias