Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT MEA805 substitución do apoio B4EOFAHW//40-29-11, no concello de Cedeira (expediente IN407A 2024/190-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 13 de febreiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/190-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LMT MEA805 substitución do apoio B4EOFAHW//40-29-11.
Concello: Cedeira.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
15022A032008070000IE |
Herdeiros de José Bellón García |
23.2.2026 |
