DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Dumbría (expediente IN408A 2018/31-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Subestación colectora 30/66 kV e LAT 66 kV A Ruña-Regoelle, no concello de Dumbría (expediente IN408A 2018/31-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situado no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 12 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/31-1.

Entidade beneficiaria: Eurus Desarrollos Renovables, S.L.

Denominación da instalación: subestación colectora 30/66 kV e LAT 66 kV A Ruña-Regoelle.

Concello: Dumbría.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

46

Tras dos Prados

15034A02300562

María Santos Rodríguez

53

Leira de Arriba dos Prados

15034A02300313

Nicasio José Grille Ramos

74

Pedras Negras

15034A01900449

José Alvela Sieira

144

Rozas

15034A00900451

Félix García Freire

209

Pedras Anchas

15034A00700062

Ramiro Santos García